Proxección de curtametraxes do PALOP-TL, este venres na Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Martina Miser

A entrada é de balde e ao rematar abrirase un coloquio

03 may 2024 . Actualizado a las 16:53 h.

O Cineclube Entrecortiñas de A Illa prosegue coas proxeccións no auditorio municipal. Este venres día 3 (20.30 horas) coa proxección das curtametraxes gañadoras do concurso de xoves realizadores dos seis países do PALOP-TL  (Países Africanos con Lingua Oficial Portuguesa-Timor Oriental) que serán proxectadas en versión orixinal subtitulada.

Son seis curtametraxes «que nos abren unha xanela cara a países afastados de nós, pero abofé que algunhas das historias non nos soan tan estrañas», segundo explican desde cineclub, que conta para esta actividade coa colaboración do instituto Camões. Ao remate haberá un pequeno coloquio. A entrada será de balde.