O museo de Ribadavia reivindica o traballo creativo do pintor e deseñador
01 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Museo Etnolóxico de Ribadavia • O museo da capital do Ribeiro veu desenvolvendo dende hai tempo un proxecto con nome propio e referencia de seu na vila de Ribadavia: a recuperación e reivindicación da obra artística de Alfonso Carlos Soto Martín (Ribadavia, 1953), Fon.
De formación autodidacta, Fon compaxinou o seu traballo en diferentes sectores cunha paixón artística que mantivo dende os seus primeiros anos escolares. Formado como axustador en Burgos, de onde era orixinaria a familia materna, as súas frecuentes viaxes a Madrid deixaron nel o impacto das reivindicacións e movimentos sociais do franquismo. En 1972 volve a Galicia e instálase en Vigo. Traballa no porto e logo en empresas como Dragados, Conel e Adolfo Domínguez. Foi nesta onde desenvolveu a súa faceta creativa como deseñador durante anos. O Museo Etnolóxico de Ribadavia inaugurou onte a segunda das mostras antolóxicas de Fon e para a ocasión contouse coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e co delegado da Xunta, Manuel Pardo. No acto tamén estivo presente o responsable do espazo museístico, César Llana.
Na primeira mostra, que se abriu a finais do 2023 e estivo ata marzo, as obras de gran formato e a súa primeira etapa creativa protagonizaron a exposición.